Presentación del proceso de nuestro primer corto UN CALDO en el festival Novos cinemas de Pontevedra. Sonido por Fer Areal.
TRABALLO EN CURSO: UN CALDO
Neste encontro con Rapapawn achegarémonos a unha peza “en obras”, a un traballo de animación experimental cuxo remate e destino son aínda incertos, pois aínda que as premisas elementais están claras, as dúbidas, as inseguridades e os obstáculos xurdidos do entorno material, laboral e persoal das artistas fíltranse no proceso e condicionan as formas de facer, de avanzar e de deterse. Esta premisa promove unha inmersión na metodoloxía, intereses formais-conceptuais e preocupacións dxs artistas e posibilita o intercambio de impresións co público, no que as autoras exporán os propósitos e plans futuros para este proxecto.